GALICIA CONTADA AOS NON GALEGUISTAS

Veiga Taboada, Manuel

ISBN 10: 8491216499 ISBN 13: 9788491216490
Published by XERAIS, 2020
New Soft cover

From Libros Tobal, Ajalvir, M, Spain Seller rating 5 out of 5 stars 5-star rating, Learn more about seller ratings

AbeBooks Seller since 23 October 2013

This specific item is no longer available.

About this Item

Description:

EDICIÓNS SINGULARES GRANDES OBRAS | Encuadernación: Rústica | Páginas: 120 | Dimensiones: 125 x 180 | País: ESPAÑA | Sinopsis: Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras li. - Narrativa. Seller Inventory # 9788491216490

Report this item

Synopsis:

Por que os galegos somos conservadores? E, ao mesmo tempo, por que se di de nós que somos ambiguos? Se somos un pobo atrasado, por que houbo familias tan emprendedoras como os Fernández? Somos ou non celtas? Existiu ou non o Reino de Galicia? Por que a terra tivo tanta importancia e por que os campesiños foron acusados de maliciosos e litigantes? Por que somos un pobo emigrante e, ao mesmo tempo, unha fábrica de ministros? Cal foi o noso papel nas guerras? É o galego máis vulgar que outras linguas? E que importancia tivo aquel xantar entre Beiras e Fraga? Este libro intenta contestar a todas estas preguntas, sen anteolleiras ideolóxicas. Porque fai falta ter, por fin, respostas que nos sirvan a todos.

About the Authors: Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Foto do autor: Antonio Gutiérrez)

O meu nome é Alejandro Viñuela Agra (Jano). Nacín na Coruña en 1979. Licencieime en Belas Artes e estiven de beca Erasmus en Bergen (Noruega), tamén estudiei Ilustración na Escola Massana de Barcelona. Traballo coma deseñador gráfico, historietista e ilustrador para diversas empresas e en diferentes eidos como o debuxo de historietas con varios traballos publicados en Bang! Ediciones, Autsaider Comics, Demo Editorial ou Revista Mongolia, e sobre todo, en encargos de ilustración para publicacións como Monocle Magazine, Daily Telegraph, Revista El Malpensante...editoriais como Ir Indo, Alfabia ou entidades como A Mesa e a Fundación Barrié. Tamén desenvolvo unha actividade como docente en obradoiros de narrativa gráfica dirixido a nenos e nenas. Gañei algúns premios como o Injuve no 2002, o Certame Ourense no 2003 ou o Golden Globos 2011. En Agosto de 2014 tiven a sorte de ser un dos invitados ao festival Viñetas desde O Atlántico en A Coruña. Máis información en: http://janoilustracion.blogspot.com.es

"About this title" may belong to another edition of this title.

Bibliographic Details

Title: GALICIA CONTADA AOS NON GALEGUISTAS
Publisher: XERAIS
Publication Date: 2020
Binding: Soft cover
Illustrator: Jano, Alejandro
Condition: Nuevo

Top Search Results from the AbeBooks Marketplace