No Labirinto Do Vento / in the Labyrinth of the Wind (Infantil E Xuvenil-edicions Singulares) - Hardcover

Colasanti, Marina

 
9788497829328: No Labirinto Do Vento / in the Labyrinth of the Wind (Infantil E Xuvenil-edicions Singulares)

Synopsis

No labirinto do vento é un volume de contos de fadas, reis, princesas e unicornios nos que a autora brasileira, Marina Colasanti, crea un diálogo entre a súa imaxinación e os sentimentos propios do ser humano: o medo, o desexo e o amor. Este libro, ilustrado por Carmen Segovia, reúne dous títulos da autora publicados en 1978 Unha idea completamente azul e Doce reis e a moza no labirinto do vento, ambos os dous escritos nunha fermosa linguaxe poética, onde o lector de hoxe se atopará cos contos marabillosos de sempre.

"synopsis" may belong to another edition of this title.

About the Author

Marina Colsanti naceu en 1937 en Asmara (Etiopía). Aos dous anos foise a Italia e aos once a Brasil, onde reside na actualidade. Estudou Belas Artes, e en 1962 iniciouse no periodismo como redactora e ilustradora. Traduciu ao portugués autores como Alberto Moravia e Roland Barthes, e escribe ensaios sobre a condición da muller, ademais de poesía e contos, admirados entre outros autores, por Julio Cortázar. Os dous libros reunidos No labirinto do vento (Xerais 2008) gañaron en 1979 dous prestixiosos premios brasileiros: o Gran Premio da Crítica e o Premio da Fundación Nacional do Libro Infantil e Xuvenil. No ámbito da literatura infantil outorgou novo vigor ao xénro tradicional dos contos de fadas.

"About this title" may belong to another edition of this title.