Orestes perde o sentido! (INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 10 anos en diante) - Hardcover

Aneiros, Rosa

 
9788491214748: Orestes perde o sentido! (INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 10 anos en diante)

Synopsis

Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.

"synopsis" may belong to another edition of this title.

About the Authors

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais, 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais, 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais, 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; «Sibila» (Xerais, 2021) e «A noite das cebolas» (Xerais, 2024). En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais, 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais, 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais, 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o sentido!» (2019) e, na colección Merlín, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017), «Xelís, o guieiro das botellas de mar», Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e «Catro plumas de dinosauro» (2022). Fotografía da autora: Manuel G. Vicente.

Kiko da Silva (Vigo, 1979). Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, historietista, ilustrador e director editorial galego. Con tan só 16 anos publicou o seu primeiro libro ilustrado e empezou a traballar como humorista gráfico no diario «La Voz de Galicia». Un ano despois recibiría o Premio Ourense de Banda Deseñada ao mellor autor afeccionado. Como ilustrador, o seu traballo pódese atopar en títulos como «Laia, a nena da illa» (Xerais 2006), «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», «A memoria das árbores», «Moncho e a mancha», «¿Que contan as ovellas para durmir?» ou «Orestes perde o sentido!» (Xerais 2019). En 2001 fundou, xunto co libreiro pontevedrés Cano Paz, a revista «BD Banda» e en 2007 lanzaría a revista satírica en galego «Retranca». Tamén foi o creador da revista infantil «Fiz», inspirada na banda deseñada da súa autoría «Fiz nos biosbardos» (2005), despois da cal publicou o álbum «Fiz, o neno máis porco do mundo» (2011), personaxe que protagoniza tamén o curso de banda deseñada «Aprende banda deseñada con Fiz» (Xerais 2019). Entre os seus proxectos máis ambiciosos figura a creación en 2012 da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, onde exerce como director e profesor. Na actualidade segue inmerso na produción da súa próxima novela gráfica, «Baixo a sombra das pedras flotantes.

"About this title" may belong to another edition of this title.