Items related to Os rapaces só se tocan para darse de hostias: Premio...

Os rapaces só se tocan para darse de hostias: Premio Roberto Vidal Bolaño 2025 (Bitácora) - Softcover

Caloto, Iván

 
9788411764933: Os rapaces só se tocan para darse de hostias: Premio Roberto Vidal Bolaño 2025 (Bitácora)

Synopsis

Esta peza nace inspirada nun caso real, acontecido nun instituto de Vigo en 2024. O texto fala dunha realidade que continúa a afectar os nosos adolescentes, intentando atopar as raíces sociais, psicolóxicas e culturais dun tema como o bullying ou acoso escolar. A peza recolle personaxes da vida diaria, amosando que unha persoa pode ser vítima ou agresora, dependendo das súas circunstancias, e salientando a necesidade de pertenza ao grupo ou a relación coa masculinidade. VIII Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño 2025

"synopsis" may belong to another edition of this title.

About the Author

IVÁN CALOTO (Iván Fernández Diéguez, Lugo, 1976) graduouse en Arte Dramática na especialidade de Dirección e Dramaturxia na ESAD, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira de Ensinanzas Artísticas Superiores en 2023. Entre outros galardóns obtivo o Premio de Textos Teatrais da Universidade de Vigo (Perante o espello) e o Premio de Lecturas Dramatizadas da SGAE (Pequeno canon dramático). Asemade, publicou dúas pezas na colección de textos teatrais de Erregueté. Revista Galega de Teatro (Sssh!, H.O.m.e.) e colabora como crítico de teatro en medios como ADE Teatro, Praza Pública, O Galiñeiro e o programa de televisión da TVG, Zig Zag Diario.

"About this title" may belong to another edition of this title.