Items related to Poesía inédita e dispersa: 122 (Dombate)

Poesía inédita e dispersa: 122 (Dombate) - Softcover

Villalta, Luísa

 
9788411763530: Poesía inédita e dispersa: 122 (Dombate)

Synopsis

Palabras desatadas, palabras dadas coma beixos, palabras atadas que nos fican dentro, palabras torcidas, palabras de conformidade, palabras sen esquinas, palabras desfeitas, palabras definitivas, palabras insultantes… Todas estas e máis, conforman este volume da Poesía inédita e dispersa de Luísa Villalta, que pecha o fresco poliédrico dunha poeta que converte o seu proceso creativo nun constante madurar, onde, devagar, nas súas pólas agroman, cal froitos, a música e as palabras.

"synopsis" may belong to another edition of this title.

About the Author

Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).

"About this title" may belong to another edition of this title.