Items related to Faísca, a nena neandertal (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN...

Faísca, a nena neandertal (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante) - Hardcover

Aneiros, Rosa

 
9788411105682: Faísca, a nena neandertal (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante)

Synopsis

Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistoceno. Desta volta, a súa principal ameaza será unha nena neandertal, rebuldeira e divertida, coa que deberán facer boas migas se queren sobrevivir nun mundo tan hostil como fermoso. O Paleolítico galego amosaralles os seus segredos mellor gardados, onde non todo é o que parece, amigos! Logo de viaxar ao Cretáceo en «Catro plumas de dinousauro», Xoel e os seus amigos viven outra apaixonante aventura, desta volta no Paleolítico, ao berro de «Mamut, cómeme o cu!».

"synopsis" may belong to another edition of this title.

About the Authors

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais, 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais, 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais, 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; «Sibila» (Xerais, 2021) e «A noite das cebolas» (Xerais, 2024). En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais, 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais, 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais, 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o sentido!» (2019) e, na colección Merlín, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017), «Xelís, o guieiro das botellas de mar», Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, «Catro plumas de dinosauro» (2022) e «Faísca, a nena neandertal» (2024). Fotografía da autora: Manuel G. Vicente.

Xulia Pisón cursou estudos superiores de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Actualmente desenvolve o seu traballo nos campos da banda deseñada, a ilustración e o humor gráfico. Colabora con publicacións periódicas como a revista «Luzes», así como con diversas entidades públicas e selos editoriais. Combina todo isto cos seus propios proxectos creativos, polos cales recibiu diversos premios. En Xerais é autora das ilustracións do libro de divulgación científica «Unha mente que voa» (Xerais, 2020) e das novelas infantís «Catro plumas de dinosauro» (2022) e «Faísca, a nena neandertal» (2024).

"About this title" may belong to another edition of this title.