Items related to A pintura debida (EDICIÓN LITERARIA - REDES)

A pintura debida (EDICIÓN LITERARIA - REDES) - Softcover

RIVAS PARDO, FABIO

 
9788411103060: A pintura debida (EDICIÓN LITERARIA - REDES)

Synopsis

Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coitelo antes de matar o seu primeiro porco, unha nena cega que é violada e quere desfacerse dese alcume ou un pintor que se arrepinte dos asasinatos cometidos para inspirar a súa obra. Estas son algunhas das historias que compoñen "A pintura debida", un libro de relatos enfiados entre si, onde a miseria, a violencia ou a inxenuidade infantil focalizan a trama de cada narración. A través de diferentes perspectivas, desde os ollos dun cativo en tempos de posguerra ata os dunha libreira na actualidade, o autor consegue debullar a crueza do cotián e cédelle o pincel da piedade a uns personaxes que se enfrontan a cadanseu lenzo en branco.

"synopsis" may belong to another edition of this title.

About the Author

Fabio Rivas (Pontevedra, 1997) estudou Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na Universidade de Vigo e traballa como libreiro na cidade onde naceu. Escribe relatos desde moi novo e acadou galardóns, como o II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria-Concello de Moaña (2021), o XXV Certame Literario de Piñor (2022) e o Premio de Relato Curto da Universidade de Vigo (2021, 2022). "A pintura debida" (Xerais, 2023) é o seu primeiro libro de relatos.

"About this title" may belong to another edition of this title.